INTRO

El arte de hoy en día se está convirtiendo en arte para unos pocos privilegiados que saben ver allí donde nosotros solo miramos. Ahora surgen las preguntas, ¿para quién hacen el arte?
¿Debemos atender a la ética para establecer unos límites?
¿Debe ser ésta la que concrete finalmente qué es arte y qué no lo es?

lunes, 11 de abril de 2011

Ética, estética e contemporaneidade


O feito de que un artísta trascenda, pase a historía ou non, depende ás veces de razóns totalmente lonxanas á súa obra.
Os cadros de Van Gogh ou os carteis de Tolouse Loutrec non son mellores agora do que foron no seu momento. Porén, agora si son amosados en prestixiosos museos ou galerías de arte.
O problema era da sociedade de  aquel período de tempo non demasiado preparada para dita estética. Hai unha grave dicotomía entre  o que se crea e o que se pretende que sexa consumido. É dicir, non é tanto un problema estético se non un desfase conceptual e formal.
Deste xeito, ben pola incapacidade do creador, ou polo desexo dunha sub-élite cultural transgresora, a armonía e a beleza son obviadas e incluso despreciadas.
O mundo da arte, está hoxe en día refuxiado e agochado, en unha suposta “liberdade creativa” e en artistas aparentemente flexibles.
Ainda así, algunhas das obras que podemos topar en museos de arte contemporáneo, fan referencia a moitas outras xa creadas ou mesmo a algunhas fontes copiadas e pegadas de internet. Pois son varios os artistas que se adican a apropiarse de pezas de autores anónimos para beneficiarse e alcanzar unha cume mais prestixiosa.

Así mesmo, lonxe de verse unha evolución positiva nas creacións contemporáneas, os ideais estéticos e artísticos son diluídos. Deixemos entón, que as obras falen por si mesmas.

1 comentario:

  1. La gente aún no está preparada para entender el arte contemporáneo, dentro de 20 años dirán que son grandes obras. Cada cosa a su tiempo, cada arte a su moda, las modas pasan y el tiempo también, la cuestión es protestar.

    ResponderEliminar